martes, 21 de junio de 2011

A materia nunha entrada

Creo que a nota que lle poría a Taller de Prensa sería un sete, porque me gustou moito, houbo traballos moi estimulantes, pero tamén houbo moitos momentos de estres e moito traballo, moitísimo traballo. O que me gusta de taller de prensa é o método co que traballamos, paréceme moi bo o de facer os traballos e podelos levar para casa e rematalos alá; o que non me gusta e depender de internet, porque ao principio de curso non dispoñía de conexión na casa e tiña que ir a Biblioteca do concello a rematar os traballos. O traballo que máis me gustou facer foi a revista porque era o que estaba esperando dende prinpicio de curso, o que menos foi a entrevista para a Voz porque parecéume un traballo moi aburrido. O traballo do que estou máis orgulloso é a miña reportaxe sobre o manga para El País, porque trataba un tema que me gustaba e foi un reto para min facelo en outro idioma.
En taller de prensa aprendín: a redactar un pouco mellor, a maquetar, a usar con máis axilidade os ordenadores e tamén aprendín a ter un pouco de paciencia con respecto aos traballos cando non sempre os tiñamos listos para o día e tiñamos que darnos prisa. Botei en falta, algunhas veces, máis días para algúns traballos en concreto que non me daba tempo a rematar, tamén boto en falta o de non poder facer máis revistas para o instituto e só ter feito dúas.
E, por último, lle recomendaría esta asignatura a aquelas persoas que lles interese a prensa, por suposto, pero tamén a aquelas que queiran aprender a escribir mellor, que queiran maquetar e que lles guste facer a revista porque é o que máis gusta facer.

jueves, 5 de mayo de 2011

Hombre detido por acosar via "facebook"

O pasado venres 22 de abril os Mossos d´Escuadra detiveron a un home de 30 anos como presunto acosador de menores de 13 anos vía "facebook".
Todo comezou cando Sergio, presunto acusador, duplicou a conta da red social "Facebook" dunha rapaza e fixose pasar por unha rapaza de 12 anos. De este modo conseguía poñerse en contacto coas rapazas de outros usuarios e coñecer os seus datos grazas ao seu perfil. Amenazabaas con colgar por todo Mollet del Vallès as fotos que tiñan en "facebook" se non quedaban con el para facerlle favores sexuais.
O 22 de abril, como xa era habitual, o detenido pusoxe en contacto coa rapaza á que lle duplicou a conta de "facebook" coa intención de vela. Os Mossos d´Esquadra coa axudas dos pais da presunta agredida, localizou a cabina desde onde se realizou a chamada e detiveron ao acosador, con antecedentes policiales e que quedou en libertad sen cargos.

FONTE: http://www.20minutos.es/noticia/1039596/0/acosar/menores/facebook/


miércoles, 4 de mayo de 2011

Extra de "glee" despedida por revelar "spoilers" en twitter

Hoxe en día non se fai máis que falar sobre a éxitosa serie de EEUU, "glee". As últimas noticias revelan que Nicole Crowther, extra da popular serie, aproveitou a súa conta en twitter para revelar algúns "spoilers" (avances) de próximos capítulos, concretamente do episodio sobre o baile de promoción. "K é a Raíña e Ka é o Rey da Promoción" escribíu, inmediatamente todos os fans supuseron que K se refería a Kurt e Ka a Karofsky, personaxes de Chris Colfer e Max Adler. A reacción dos productores non se fixo esperar "¿Quen te cres que es para desvelar algo que personas con tanto talento tardaron meses en crear? Espero que estés cualificada para facer outra cousa que no sexa traballar no mundo do entretenemento" sentenciou Brad Falchuk. Posteriormente, Nicole cerrou a sua conta na red social.

FONTE: http://www.formulatv.com/noticias/19332/extra-glee-despedida-revelar-detalles-trama/




lunes, 2 de mayo de 2011

Declaracións de Guardiola

O pasado martes no periódico "El País", Guardiola deu unhas declaracións sobre o gran partido Barça-Madrid, onde dixo que Mourinho era o "puto amo". Creo que as súas declaracións foron acertadas porque Mourinho levaba xa tempo pinchando a Pep e mandando indirectas en todas as súas rodas de prensa, aínda que penso que pudo gardarse os insultos e as descalificacións.

miércoles, 27 de abril de 2011

comezo coas cartas ao director...

  • Ámbito escolar:
Salceda de Caselas/27-4-11
Ante o forte cheiro que desprenden os baños do instituto, gutaríame como alumno de tal, criticar esta situación e que ao usar os lavabos sexamos máis limpos e coidemos mellor todas as instalacións. Asimesmo gustaríame agradecer o fomento de actividades culturais no centro e a existencia dun blog exclusivo. Yago Torres Regadío 4ºB

  • Ámbito social:
Hai uns meses Jordi González, presentador de varios programas na cadea de televisión "Telecinco", insultou a nai dunha usuaria de twiteer que dixo que a súa cadea era telebasura. Pareceme pouco lóxico que cando alguén como esa pobre usuaria que está dando unha opinión sobre a empresa para a que traballa o presentador, a forma de defenderse de Jordi sexa insultando a súa nai que non ten culpa de nada. Serán así todos os presentadores de "Telecinco"?