Creo que a nota que lle poría a Taller de Prensa sería un sete, porque me gustou moito, houbo traballos moi estimulantes, pero tamén houbo moitos momentos de estres e moito traballo, moitísimo traballo. O que me gusta de taller de prensa é o método co que traballamos, paréceme moi bo o de facer os traballos e podelos levar para casa e rematalos alá; o que non me gusta e depender de internet, porque ao principio de curso non dispoñía de conexión na casa e tiña que ir a Biblioteca do concello a rematar os traballos. O traballo que máis me gustou facer foi a revista porque era o que estaba esperando dende prinpicio de curso, o que menos foi a entrevista para a Voz porque parecéume un traballo moi aburrido. O traballo do que estou máis orgulloso é a miña reportaxe sobre o manga para El País, porque trataba un tema que me gustaba e foi un reto para min facelo en outro idioma.
En taller de prensa aprendín: a redactar un pouco mellor, a maquetar, a usar con máis axilidade os ordenadores e tamén aprendín a ter un pouco de paciencia con respecto aos traballos cando non sempre os tiñamos listos para o día e tiñamos que darnos prisa. Botei en falta, algunhas veces, máis días para algúns traballos en concreto que non me daba tempo a rematar, tamén boto en falta o de non poder facer máis revistas para o instituto e só ter feito dúas.
E, por último, lle recomendaría esta asignatura a aquelas persoas que lles interese a prensa, por suposto, pero tamén a aquelas que queiran aprender a escribir mellor, que queiran maquetar e que lles guste facer a revista porque é o que máis gusta facer.